Familias
ALGÚNS SIGNOS DE ALARMA TEMPERÁNS
- Primeiras palabras tardías, estancamento ou lento avance:
- Se aos 15-18 meses di 10 palabras ou menos
- Se aos 24 meses di menos de 50 palabras
- Non responde o seu nome
- Parece non atender á linguaxe doutras persoas
- Primeiras frases tardías, se aos 24-30 meses non combina 2-3 palabras
- Non responde a ordes simples
- Non se entende o que di (linguaxe ininteligible)
- Ao realizarlle preguntas ou indicarlle algo, repíteo, non responde ou responde algo que non ten relación
- Antecedentes familiares
SOSPEITAS QUE FAGO/FACEMOS
- Solicitar información e/ou consultalo con quen? Co seu profesor/a de a escola infantil ou centro educativo, co seu pediatra (solicitar unha posible derivación ao servizo público de Atención Temperá) ou ben cun profesional do ámbito privado ( logopeda especialista en desenvolvemento infantil e/ou trastornos da linguaxe, neuropediatra ou psicólogo/a especialista en desenvolvemento infantil).
- Non quedar coas primeiras impresións que non coinciden coas vosas, xa que as familias sodes clave e debedes de obter respostas desde diferentes puntos de vista e o ideal sería que viñesen dun/a profesional especialista en linguaxe como é a figura do LOGOPEDA.
VÍAS PARA ATOPAR UN DIAGNÓSTICO E/OU APOIO TERAPÉUTICO
- Sanitaria Pública: Pediatra
- Derivar a: Servizo de Atención Temperá / neuropediatría / probas auditivas.
- Intervención por parte do equipo de Atención Temperá ou ben seguimento e Atención en centro privado.
- Educativa: Profesor/a - equipo de orientación do centro - equipo de orientación específico ( EOE)
- Apoio colexio - pediatría - Atención temperá/ neuropediatría.
- Atención no servizo de Atención Temperá ou ben en centro privado.
- Privada: Consulta con profesionais da sanidade privada ( logopeda, neuropediatra…).
BOLSAS E AXUDAS ECONÓMICAS
Unha vez que vemos que hai unha dificultade e un diagnóstico ou un posible diagnóstico, é importante saber que existen axudas para cubrir parte destas terapias das que o SERGAS non logra facerse cargo. Algúns dos organismos detrás destas axudas son o MECD ou Dependencia.