Características (globais e específicas)

Globais

  • Unha das características principais é a heteroxeneidade. Xa que non afecta sempre da mesma forma nin coa mesma intensidade a todos os compoñentes da linguaxe nin repercute na súa vida social ou no seu desenvolvemento emocional de igual maneira. Por iso, día a día atopámonos cunha gran variedade de perfís comunicativos e persoais dentro dos nenos e nenas con diagnostico de  TDL ou Tel.
  • É un trastorno persistente que mellora co tempo, o acompañamento, a intervención e os apoios adecuados.
  • O perfil de dificultades e habilidades evoluciona, polo que se considera dinámico.
  • No  TDL-TEL a principal problemática está na linguaxe oral, pero a maioría das persoas afectadas presentan dificultades en máis áreas do desenvolvemento, resultando un trastorno complexo.
  • Podemos afirmar que é frecuente, xa que os estudos ofrecen datos de prevalencia que oscilan entre o 2 e o 7% de poboación en idade escolar.
  • Dicimos que é invisible, debido a que os nenos e nenas con  TDL-TEL poden falar, non teñen unhas características físicas que os/ as definan e poden desenvolver estratexias de compensación para camuflar dificultades a nivel tanto de comprensión como de expresión oral, non resultando evidentes as súas limitacións ou dificultades.
  • É un trastorno que evoluciona de forma lenta pero favorable, que require tempo e traballo especializado. É fundamental unha terapia  logopédica precoz, intensiva e de longa duración.
  • É un trastorno do  neurodesarrollo cuxa base é xenética.

Específicas

  • Lenta adquisición da linguaxe.
  • Emisións alteradas fonética- fonológicamente, problemas para comprender o que di.
  • Dificultade para facer frases (podemos percibilas desordenadas, incompletas,  descoordinadas, sinxelas…) e erros gramaticais.
  • Dificultades en comprensión oral, que podemos observar cando se ve afectada a forma e
  • frecuencia das interaccións, o seguimento de ordes, a resposta a preguntas, o comportamento ante tarefas cunha carga verbal importante (ex. Asemblea), etc.
  • Xeralmente poden compensar moi ben as dificultades de acceso ao léxico, por exemplo cando non lles sae ou non poden dicir unha palabra concreta buscan a maneira de facerse entender.
  • Debido aos aspectos recalcados, aparecen limitacións no uso da linguaxe (pragmática) e
  • nas relacións cos seus iguais.
  • Dificultades en habilidades narrativas e do discurso.
  • Dificultades en memoria de traballo.
  • Posible repercusión emocional e  conductual a medida que se van facendo maiores.
  • Posible repercusión académica.
  • Posible afectación a nivel de coordinación motora.