Linguaxe e máis aló
Cando falamos de linguaxe, referímonos a todas as áreas que o forman:
- Fonético/ fonolóxica: a forma na que emitimos as palabras.
- Léxico/ semántica: o vocabulario e os significados de palabras e frases.
- Morfosintáctica: a forma e organización das palabras dentro de frases.
- Pragmática: o uso social da linguaxe.
Aínda que pensemos que unha nena ou un neno teña dificultades na linguaxe soa cando percibimos que “non fala ben” é un erro, xa que só teriamos en conta a primeira das catro áreas da linguaxe. A linguaxe vai moito máis aló e nós/debémos procurar observar ese máis aló e procurar que non pase desapercibido. Debemos consultar, informarnos, non deixar de observar e non quedarnos cunha resposta ou coas primeiras que nos dean.
O pensamento é linguaxe, as interaccións das/vos nenas/vos en o parque é linguaxe, preguntar é linguaxe, contar o que pasou hoxe no cole ou o que vimos naquela película é linguaxe, facer e entender bromas….todo é linguaxe, a nosa vida é linguaxe, é importante que o apoiemos, observemos e busquemos novos camiños se cremos ou vemos que está a pasar algo coa linguaxe que non nos cadra.
Despois de resumir moi por encima a linguaxe, é de esperar que as alteracións no seu desenvolvemento, sexan cales sexan poden traer repercusións a outros niveis, por exemplo:
- Atencional.
- Emocional.
- Aprendizaxe e desenvolvemento da lectoescritura.
- Aprendizaxe académica global.
- Social.
- Conductual.
- ….etc.
Por todo iso, insistimos na importancia dunha detección temperá, de consultar con profesionais especializados no desenvolvemento da linguaxe e de achegar o acompañamento e os apoios necesarios en cada caso.