ATELGA

ATELGA é unha asociación que quere contribuír a dar a coñecer o  TDL-TEL e as súas implicacións, a distintos actores sociais: familias, centros educativos, administracións públicas, profesionais sanitarios ou educativos, medios de comunicación, etc.

O obxectivo é contribuír á eliminación de barreiras ao desenvolvemento e a igualdade de oportunidades, que poden presentar contextos familiares, educativos, sociais, etc., para a infancia e adolescencia con trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación social.

ATELGA intégrana familias e profesionais implicados na defensa dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes con  TDL - TEL , na mellora das súas condicións de vida e por tanto na mellora da nosa sociedade favorecendo a capacidade de inclusión desta.

As nosas principais ferramentas son o acompañamento, asesoramento, a formación e a sensibilización e incidencia social e política.